Saturday 04 de May de 2024

Entrega de diplomas aos 16 rapaces participantes no Obradoiro Infornadal


A Aula CeMIT de Riveira deu cabida esta mañá á entrega de diplomas dos 16 rapaces de entre 8 e 13 anos que estiveron a participar estes días no obradoiro Infornadal: un curso de iniciación ás novas tecnoloxías incardinado na programación do Nadal Cultural.

O concelleiro de Turismo Anxo Orellán foi o encargado de facer entrega dos diplomas, acompañado do axente TIC Abel Alonso.